O BNG urxe a convocatoria inmediata da Deputación permanente para que comparezan Feixóo e a conselleira de Educación

Olalla Rodil

Olalla Rodil lembra que hai máis dunha semana que as forzas da oposición solicitaron convocar unha reunión da  Deputación permanente  para tramitar as comparecencias

“Os presidentes deben comparecer diante do poder lexislativo non só en roldas de prensa”

O BNG esixe a “convocatoria  urxente da Deputación Permante para tramitar as solicitudes de  comparecencias rexistradas pola oposición.

A deputada do BNG, Olalla Rodil considera “inadmisible” que o Partido popular pretenda “confinar” os dereitos democráticos e poder lexislativo e afirma que en  democracia, “os presidentes comparecen diante do poder lexislativo, non só en roldas de prensa”.

Rodil explica que hai dúas solicitudes de comparecencia rexistradas pola oposición , desde hai unha semana, que continúan sen tramitar, a da conselleira de educación para aclarar o que vai acontecer co curso académico e a convocatoria das oposición, rexistrada o  6 de abril, e acomparencencia  do presidente da Xunta para informar da  situación real das residencias de maiores, rexistrada o 7 de abril.

A deputada critica a celeridade para tramitar,  en  apenas unhas horas, as comparecencias solicitadas pola Xunta de Galiza, o 23 de marzo e o 1 de abril, tendo lugar a convocatoria da Deputación Permanente, só uns días despois. Sen embargo hai máis de oito días que a  oposición solicitou a convocatoria da Deputación Permanente e a presidencia do Parlamento “nin sequera tramitou esas solicitudes”.

Para a deputada resulta  “inadmisíbel” que o Partido Popular pretenda confinar os dereitos democráticos e o poder lexislativo nun contexto de excepcionalidade como o actual no que as galegas e galegos precisan información e respostas ante a grave crise sanitaria provocada pola COVID-19 en Galiza.

Na situación de crise, “o goberno debe dar a cara no Parlamento” e non  non fuxir del. En democracia, recalca Rodil, “os presidentes comparecen diante do poder lexislativos e non só en roldas de prensa”.