galegas 2024

BNG traslada aos traballadores de Navantia o seu compromiso para dotar de máis investimentos os estaleiros públicos e diversificar a actividade

Reunión Navantia
Reunión Navantia

Néstor Rego e Mon Fernandez avogan por dotar ao sector do necesario apoio en I+D+i a través dun Centro Tecnolóxico do Sector naval

O BNG recolle  as reclamacións do Comité para facer un fronte común na potenciación de Navantia Ferrol como motor industrial da comarca de Ferrol e para toda  Galiza

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego e o candidato nº catro pola provincia  da Coruña, Ramón Fernandez mantiveron un encontro con traballadores de Navantia co fin de trasladarlles o compromiso do BNG cos estaleiros públicos. Neste sentido, avogaron por reclamar máis investimentos e diversificar a actividade con máis carga de traballo civil e non exclusivamente militar.

O candidato nacionalistas reiterou que urxe  garantir o futuro da actividade industrial de Navantia “apostando  pola diversificación dos traballos, incluíndo a construción naval civil” e  mellorando a modernización das instalacións de Navantia na ría de Ferrol como xa demandou e defendeu  en diversas iniciativas  o BNG no Parlamento galego e  Congreso dos deputados.

Na reunión, solicitada polo Comité de empresa de Navantia Ferrol ao grupo parlamentar do BNG, foron abordadas entre outras cuestións: os investimentos para novas infraestruturas e equipamentos e o novo dique para a área de reparacións xa que na actualidade,   Navantia conta con 1 único dique de grandes dimensións pero precisa doutro máis. De feito,  a carencia dun dique destas características provocou que  foron rexeitando 6 contratos anuais de media por falta de capacidade.

Por outro lado, urxe completar a modernización do estaleiro comprometida, e a  construción do novo taller de bloques. Potenciar a área de Turbinas para que teña capacidade de deseñar produtos propios e competir  no mercado  da descarbonización.

Plans de formación de profesionais

O candidato nacionalista avanzou o compromiso para  a potenciar Navantia dende un goberno liderado polo BNG e afirmou que tras esta reunión, “recollemos as reclamacións do Comité para facer un  fronte  común na potenciación de Navantia Ferrol como motor industrial da comarca de Ferrol e de   Galiza”.

Mon Fernández e Néstor Rego trasladaron ao Comité de empresa de Navantia a súa intención de  implicar á Xunta coas necesidades  de Navantia, comezando por solicitar a entrada da Xunta no Consello de Administración, tal como prevé o Estatuto de Autonomía da Galiza na  participación das CCAA nos organismos de dirección das empresas públicas con presencia nos seus territorios.

O candidato nacionalista  remarcou  a aposta decidida do BNG “polo impulso tecnolóxico como panca para gañar en competitividade e recuperar actividades”, tanto na construción naval civil, nos segmentos de maior valor engadido, como na  área de Turbinas, e da eólica, a través do “deseño de produtos propios dirixidos ao mercado que abre a descarbonización da mobilidade marítima e da economía en xeral”.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG