O BNG transmítelle o apoio ao persoal do 061 e do 112 para evitar o seu traslado

A Xunta pretende a deslocalización forzosa de perto de 300 profesionais a un edificio da Axencia Galega de Emerxencias da Estrada

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, xunto coa candidata nº3 pola provincia da Coruña do BNG ás vindeiras elecións galegas, Rosana Pérez, participaron esta mañá nunha reunión cos representantes do persoal da Central de Coordinación do 061 e do Servizo de Emerxencias do 112 en Santiago de Compostela, para tratar o seu traslado forzoso a un edificio da Axencia Galega de Emerxencias da Estrada.

O BNG considera que o traslado que pretende a Xunta de Galiza é un cambio arbitrario, forzoso e carente de lóxica, pola perda da centralidade e de operatividade. Ademais, de “innecesario” porque supoxo un forte desembolso para as arcas públicas despois de facer reformas nas instalacións actuais no ano 2011 e tendo en conta que o novo centro da Estrada foi orzado en 8 millóns de euros e tivo 5 millóns máis para a súa dotación.

Para o BNG, trátase dun cambio que non obedece a citerio técnico ningún, nin vai supor unha mellora no funcionamento do servizo. Vense de facer un importantísimo desenvolso de diñeiro público nun novo edificio, que non facía falta. Ao xuizo dos nacionalistas eses cartos estarían moito mellor investidos en cuestións moito máis importantes e urxentes como o aumento das ambulancias dispoñíbeis ou en dotar mellor aos equipos de intervención (policías locais, bombeiros, protección civil, gardacostas, etc.).

Entre a Central de Coordinación do 061, instalado en Santiago de Compostela dende a súa entrada en funcionamento, e o Servizo de Emerxencias do 112 estamos a falar de que, de producirse este traslado, vai implicar un cambio de residencia e/ou un sobrecuste que repercute nas súas condicións salariais de perto de 300 persoa. Así, para o BNG, de facerse efectiva esta deslocalización, reivindican que se chegue a un acordo co persoal que presta estes servizos para que se compensen as súas condicións laborais derivadas do cambio introducido.

Rosana Pérez transladoulles o apoio do BNG ás reivindicacións da plantilla por entender que se son absolutamente razoábeis. Asi mesmo, Rubén Cela lembroulles que o BNG xa levou hai case un ano, en setembro de 2015, ao Pleno municipal unha iniciativa para apoiar estas reivindicacións de profesionais do 112 e do 061 para permaneceren en Santiago de Compostela, e que se for preciso o voltarían facer.