BNG suspende os actos de campaña electoral previsto para hoxe tras o asesinato machista duhna muller en Ourense
Vence pide a Feijóo que explique o estrepitoso e dramático fallo dos protocolos de protección das vítimas de violencia
Que está pasando para que unha muller maltratada sexa asasinada nun hospital público?, se pregunta
Máis aló das condenas sen paliativos deste execrable crime machista, o BNG demanda do Goberno galego unha explicación urxente ante o estrepitoso fracaso dos protocolos de protección das mulleres que sofren violencia de xénero, ata o punto de chegar ás dramáticas consecuencias dos feitos que custaron a vida unha muller, Isabel, no hospital de Ourense.
Interpelamos directamente ao señor Feijóo porque non valen condenas rituais, ten que explicar como é posible que unha muller que xa fora vítima de violencia machista, que levaba un mes no hospital sexa asasinada polo seu maltratador dentro do propio hospital. Iso quere dicir que están fallando os protocolos de protección da mulleres que son vítimas do terrorismo de xénero, mesmo dentro dun hospital, se preguntaba o portavoz nacional, Xavier Vence.
O BNG decidiu suspender todos os actos de campaña e fai un chamamento ao conxunto da cidadanía para que se sume a todas as mobilizacións de condena deste novo crime de xénero.
Desde a formación nacionalista, se pide tamén a comparecencia urxente do goberno no Parlamento para dar explicacións. Como é posible que non se adoptaran medidas de protección que están contempladas nos protocolos e que foron demandadas?, se preguntaba Vence, tras transcender que a xuíza desestimara unha orde de afastamento para a vítima. Feijóo ten que explicar estes fallos terribles no protocolo de protección das mulleres maltratadas, concluíu.