O BNG súmase á V da Diada no Congreso

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, participou este meiodía no acto de apoio á V da Díada, a manifestación en forma de V que está convocada para mañá 11 de Setembro en Catalunya e que xa conta con miles de persoas inscritas.

Deste xeito, o BNG sumouse aos actos de solidariedade e apoio ao proceso soberanista de Catalunya. Diante das escalinatas do Congreso, Davila, xunto con máis parlamentares de forzas políticas catalanas e doutros grupos, posou ao lado dunha pancarta co lema: "Ara és L´Hora. Units per un país nou".

A deputada do BNG expresou o respaldo do BNG á lexítima demanda do pobo caralá de celebrar un referendo e poder decidir libremente o futuro da súa nación, apoiando así o proceso soberanista iniciado en Catalunya.

Olaia FErnández Davila defendeu a vontade da sociedade catalá de decidir o vindeiro 9 de novembro e poder expresarse nas urnas, "algo que en democracia non se debería cuestionar".