O BNG solicita a comparecencia de Gallardón pola intención de privatizar os Rexistos Civís

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para que acuda á Cámara a dar explicacións sobre o borrador de Reforma Integral de los Registros Civiles pola súa intención privatizadora.

Davila tamén presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar nas que insta ao Ministerio a suspender a intención de privatizar os Rexistos Civís e a traballar na dirección de asegurar que a xestión dos Rexistos Civís dependa do Ministerio de Xustiza ou das CC.AA con competencias na materia de xustiza.

A deputada do BNG critica a intencionalidade de Gallardón de delegar as funcións dos Rexistos Civís nos Rexistradores da Propiedade e Mercantís. Así como o feito de que se estabeleza un só Rexisto por provincia.

Ao BNG tamén lle preocupa que 3000 funcionarios poidan quedar sen traballo

Desde primeira hora, sinala Davila, “o BNG manifestou a súa oposición á intención do Goberno de privatizar os Rexistos Civís, un rexeitamento que comparten organizacións de diferents ámbitos sociais que igualmente explicitaron a súa oposición”.

Lembra a deputada do BNG que através da Lei 20/2011 se realizou unha importante modernización destes rexistos, na que se mantén a competencia da Direción Xeral de Rexistos e Notarías e os Rexistos Civís como servizo públio. Unha modernización, advirte, que conlevou o investimento de máis de 128 millóns de euros para a súa dixitalización.

A deputada do BNG alerta de que “máis alá do problema funcionarial que a posíbel privatización dos Rexistos Civís pode conlevar, porque 3.000 funcionarios poden perder o seu posto de traballo, tamén é preocupante o custe que vai representar para os cidadáns. Van ter que pagar por un servizo que debe ser gratuito e sofrirá un claro deterioro na calidade”.

Davila pón de manifesto que en aplicación da lei actual tamén as Administracións autonómicas e locais son competentes na materia. Enfatiza a deputada nacionalista as diversas funcións dos Rexistos Civís e os trámites que facilitan que deben ser “simples, gratuitos e contar coas garantías de doble calificación”.

O BNG, recalca, considera que o Ministerio de Xustiza debería abandoar o actual borrador de Reforma Integral dos Rexistos Civís.