O BNG solicita a comparecencia do conselleiro de industria para explicar posibles irregularidades nos contratos de PEMEX
O BNG pide a comparecencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde para explicar as posibles irregularidades detectadas nos contratos da petroleira Pemex con Galiza.
Para a portavoz de industria do BNG, Noa Presas, o goberno de Feixóo debe dar explicacións sobre “a corruptela de Pemex” e como afecta a Galiza. Presas lembra que os directivos de Pemex, “bendecidos polo goberno de Feixóo” están a ser investigados por “corrupción” polo que o Partido popular debe explicara “as súas relacións con Emilio Lozoya, Carlos Roa e José Manuel Carrera Panizzo”. Ademais, o Presidente de México López Obrador vén de anunciar que se van a revisar os contratos da petroleira con Galiza por considerar que non había un trato xusto para Pemex,
Esta situación certifica, en opinión da nacionalista, que a operación de venda a capital venezolano do estaleiro vigués Barreras “ten máis sombras que luces, ademais dun impacto negativo sobre a imaxe do sector naval Galego”.
A deputada e portavoz de Industria do BNG recalca que “o goberno galego non ten avaliado o impacto dunha operación máis alá das promesas sen cumprir" ,14 remolcadores, 2 quimiqueiros, 3 buques tanque, 1 atuneira, a construción da frota menor de Pemex para as empresas galegas, ou a base loxística de Punta Langosteira, Por outra parte, a nacionalista lembra que foi a propia empresa, PEMEX quen publicamente recoñecía no mes de maio do ano 2013, a través de diversos medios de comunicación, que o seu obxectivo era “transferir o coñecemento tecnolóxico do estaleiro vigués a México".
Os grupos parlamentarios do BNG, PSdG e En Marea piden que compareza o titular de Industria no Parlamento galego para esclarecer o acontecido na operación da entrada de PEMEX en Barreras.