O BNG senta a cidadáns castigados pola crise na constitución do novo Parlamento

Unha representación dos distintos sectores máis afectados polas políticas antisociais e de recortes do PP asistirán mañá á sesión constitutiva do Parlamento convidados polo BNG.

O naval, a estafa das preferentes, SOS Sanidade Pública, o ensino, a mocidade, desempregados... serán os protagonistas mañá Venres dunha sesión coa que comeza a IX Lexislatura, para dar continuidade deste xeito ao traballo desenvolvido polos deputados e deputadas do BNG durante os pasados tres anos e medio.

O grupo nacionalista reitera que a súa será unha oposición firme e rotunda, con alternativas para facer frente á actual situación, para ser a voz dos cidadáns castigados pola crise no Parlamento e conseguir tamén que o Parlamento saia á rúa.