O BNG rexeita a Lei de Transparencia por excluir a Casa Real, Banco de España e Igrexa católica
Davila tildou a Lei presentada pola Vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, de modelo desfasado e lonxe das aspiracións sociais. Un modelo anquilosado, que habilita soportes para difundir determinados aspeitos da xestión pública, restrinxidamente e sen avanzar cara un modelo que permita fiscalizar as decisión políticas por parte da cidadanía. Criticou a deputada do BNG que o dereito de información non se plantexe como un dereito real e pleno de acceso á información. Non se plantexa como un dereito fundamental que poida ser exercitado por calquer persoa.
Concluiu que o dereito á información permanece cautivo. A capacidade dos cidadáns para coñecer as decisións que lles afectan está condicionado á sensibilidade do Goberno de turno.
Deben estar toda as institucións e entidades financiadas púbilcamente
Enfatizou especialmente que se deixe fóra do seu ámbito de aplicación a importantes institucións e organismos con financiamento público. Sorprende que se exclúa a institucións como a Casa Real o Banco de España. Ou entidades que se xestionan na súa maior parte con fondos públicos, como a Igrexa católica ou a banca nacionalizada.
Outra eiva salientábel, afirmou, é que eluda avanzar no réxime de incompatibilidades para evitar as portas xiratorias, o ir e vir entre a esfera das responsabilidades públicas e privadas. Por último, a deputada do BNG reprochou a Soraya Sáenz de Santamaría que pretendan facer unha extensión competencial impropia deste réxime de transparencia a outras administracións.
Davila aludiu á apelación ao consenso que a Vicepresidenta do Goberno fixo na súa intervención, enfatizando que nos resulta dificil acreditar neste Goberno que abusa da fórmula de aprobación de Reais Decretos exprés para aprobar reformas profundas, e cuxo máximo representante, o Señor Rajoy, apenas comparece periodicamente antes os medios para explicar as súas decisións políticas.
Non dubidamos de que vaian contemplar algunhas cuestións pero haberá que ver cal vai ser a fórmula porque seguro que non é a que reclama a sociedade, rematou a deputada do BNG.