BNG rexeita a lei de acompañamento destinada a modificar 34 Leis e 9 decretos “pola porta de atrás” negando o debate público e o consenso democrático

Olalla Rodil
Olalla Rodil criticou que o PP propoña mudar leis xa modificadas  entre catro e once veces e artigos  aprobados na lexislatura pasada a iniciativa do propio PP
 

A viceportavoz parlamentario, Olalla Rodil anunciou o voto en contra do BNG á lei de Medidas Fiscais e Administrativas 2023 tamén denominada Lei de acompañamento aos orzamentos.

Na súa intervención acusou ao Partido popular de xustificar como “necesaria para execución orzamentaria” unha lei destinada a modificar “34 leis e 9 decretos”  pola “porta traseira” e negando o diálogo e consenso.

O Partido popular volve a facelo unha vez máis, “modifica as leis sen pasar polo período de exposición pública e sen informar ao CES” para que se posicione ao respecto.

A parte incluída no  Capítulo I do proxecto de Lei sobre medidas fiscais, é “regresiva” e resulta “un regalo fiscal  de 34 millóns de euros para unha minoría rica. 7.700 persoas que non teñen nin o máis mínimo problema para chegar a fin de mes e que teñen no seu patrimonio, polo menos, 2 millóns de euros”.

Para a deputada, os orzamentos propostos polo Partido popular,  “rebaixa máis os impostos aos que máis ten” sen embargo, se unha persoa o familia ingresa 12.500 euros a baixada de impostos representa “50 euros ao ano”, se tes 60.000 serán 500 euros e se son 6 millóns de euros, pagarás 4.415 euros.

A parlamentaria do BNG cualificou de “chapuza” un texto que explicou,  tivo que ser corrixido enviando outro documento para solucionar o “corta e pega habitual” do Partido popular. “Son uns chapuceiros” e vémolo todos os anos que teñen que cambiar unha e outra vez as mesmas leis e os mesmos artigos polo caos que xeran sobre as vidas das persoas.

Vostedes, engadiu, mudan o  Decreto de REDE NATURA 2000, garantía de  máxima protección ambiental, “sacando da manga 48 modificacións sen seguir o máis mínimo procedemento de exposición e consulta pública nin audiencia dos organismos que estipula a lexislación vixente”.

Por outro lado, modifican varias leis argumentando unha redución da burocracia pero levan por diante procesos garantistas, entre elas, a lei do solo  para substituír as licenzas municipais de primeira ocupación por comunicacións previas da persoa propietaria. Antes a empresa promotora, explicou a deputada,  requiría un documento de alcance previo pero  agora a Xunta vai facer “packs” coma se todos os proxectos fosen idénticos.

Ademais das novas modificacións, criticou Rodil, moitas das leis xa foron modificadas en varias ocasións entre as que destacou: a Lei de Vivenda, catro veces, a Lei de solo, dez veces,  lei de incendios forestais, nove mudanzas e a lei de Montes once veces e nesta, por certo,  pretenden suprimir artigos que vostedes crearon na lexislatura pasada, “menuda vocación de permanencia” ironizou.

Rodil recalcou que o BNG non apoiará  este proxecto de lei convertido  nunha unha “porta traseira”, para modificar leis regateando o debate público, os informes preceptivos e o dereito do conxunto da cidadanía a ter un debate político e parlamentario sosegado sobre cuestións de grande  calado, concluíu.