parlamento galego

BNG recrimina ao PP a súa “aversión á memoria histórica”

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará: "que ten que ocultar do seu pasado político para negarse a investigación do acontecido na Ditadura"

O deputado do BNG, Luís Bará, propuxo no Parlamento galego recoñecer e restituír ás vítimas da ditadura co desenvolvemento dunha “política publica da memoria histórica” e co fin de ampliar e desenvolver os dereitos recoñecidos na lexislación estatal. Bará   lamentou que, unha vez máis, o Partido popular amosara a “súa aversión” á memoria histórica e impedira que a proposta do BNG prosperara.

Na súa intervención, o nacionalista ilustrou con diferentes fotografías o “horror, tortura e morte” padecida por algunhas mulleres galegas na ditadura  e lembrou que o pasado 7 de xuño foi celebrado un acto no Parlamento no que a escritora, Aurora Marco reclamou políticas públicas da memoria en Galiza e Amalia Álvarez, filla de Alexandre Bóveda pediu a declaración institucional da Galiza Mártir como incluímos dende o BNG nesta proposición non de lei que vostedes, hoxe volven a  “rexeitar e desprezar”.

Con este proceder, dixo, o Partido popular desoe unha demanda da sociedade galega para restituír a memoria das vítimas ao que sumou que as  propias asociacións da memoria histórica presentes no acto remitiran un escrito aos grupos parlamentarios coa queixa tras a intervención do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, equiparando a “vítimas e verdugos”.

Bará remarcou que o PP as veces esquece que en Galiza houbo unha guerra civil con dous bandos moi diferenciados e non poden continuar “faltando a verdade”. En Galiza, insistiu, “houbo unha masacre” como as vítimas que figuran nestas fotografías e vostedes persisten no seu “negacionismo e reducionismo da historia”. Estamos falando, afirmou, de 40 anos de ditadura e “persecución, humillación e silencio”.

A verdade debe ser esclarecida e para iso os historiadores e historiadoras deben investigar pero o Partido popular se empeña na “ocultación” polo que preguntou que ten que ocultar do seu pasado político?

O deputado tamén lembrou que o 18 de xullo o Parlamento galego aprobou unha declaración institucional  reiterando a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar a memoria das persoas e vítimas da represión exercida durante a Guerra civil e durante o franquismo así como colaborar coa recuperación das persoas desaparecidas e retirar a simboloxía franquista, todo  isto, recalcou o nacionalista, “foi aprobado no Parlamento galego pero despois vostedes mudaron de posición”.

Vostedes hoxe están negando unha iniciativa que recolle todas estas reclamacións e despois da intervención do portavoz popular, Alberto Pazos Couñago, saíu o verdadeiro Partido popular “reaccionario, que humilla e despreza as vítimas e familias” porque votedes, reiterou Bará,  “teñen aversión á memoria” e xa non cola que o Partido popular galego pretenda manter esa imaxe de moderado despois de “aniquilar e arrasar” todas as políticas de memoria e agora pretenden facer o mesmo no Estado.

A concordia, explicou  “non é a antítese da memoria democrática”, a concordia se produce despois dunha serie de pasos como os que se deron en lugares despois de procesos dunha ditadura “cruel e sanguinaria”. Dende o BNG defendemos a xustiza reparatoria ao igual que o Comité dos Dereitos Humanos da ONU pero o PP segue impugnando “unha comisión da verdade.

O deputado do BNG lamentou que o Partido popular continúe poñendo trabas e  “negando” poder avanzar na recuperación e restitución da memoria histórica porque si existe vontade política,  “é posible”, sentenciou.

Tras a intervención do portavoz popular Alberto López Couñago, o nacionalista asegurou que podería perfectamente formar parte da escola Goebbeliana” por destilar “infamia, aldraxe e desprezo” para as vítimas e familias. O verdadeiro problema, replicou Bará ao portavoz popular é que “o PP síntese herdeiro ideolóxico e ten que tapar ese período histórico”.

O nacionalista concluíu a súa intervención anunciando novas iniciativas do BNG  de políticas públicas para a recuperación da memoria e “antídoto” nestas eleccións da “dereita rancia e reaccionaria do Partido popular”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG