O BNG recorre ante a XEC o mailing de Vox por incluír mensaxes falsas sobre a formación
VOX envía as casas sobres con mensaxes como “los separatistas del BNG invitaron a un grupo terrorista a su mitin en Santiago”, titular extraído dun blog de extrema dereita, falsidades e calumnias nun intento de desacreditar ao Bloque
O BNG entende que estas mensaxes poden constituír un delito de odio
Nesta publicidade electoral se inclúen mensaxes como “los separatistas del BNG invitaron a un grupo terrorista a su mitin en Santiago”, que son unha total falsidade, falsidades que non teñen máis obxectivo que promover odio e xerar desconfianza contra a formación nacionalista e contra os principios que defende.
Polo tanto, o BNG considera que non debe permitirse que este tipo de mensaxes poidan ser difundidas impunemente nos domicilios dos galegos e das galegas, servíndose do proceso electoral e da posibilidade de facer mailing masivos para verter inxurias e calumnias que poden ser constitutivos de delito, razón pola que se pide a suspensión deste tipo de envíos e que se analice se as mensaxes son constitutivas de algún dos delitos xa mencionados.