O BNG reclamará no Parlamento o uso “soiciosanitario” do vello hospital de Lugo
- A portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón reivindicou hoxe en Lugo o “uso sociosanitario” da vella residencia e impedir que o edificio continúe deteriorándose “cinco anos máis”
A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón afirmou que o BNG está “traballando desde xa” e antes de que se constitúa o Parlamento galego o día 21. Neste sentido, explicou que o BNG está a realizar unha ronda de visitas por todo o país, que comezou hoxe en Lugo, co fin de presentar aos deputados e deputadas do novo grupo parlamentar e manter “unha interlocución directa con colectivos sociais” que serva para facer unha oposición no Parlamento cun pe na rúa.
A portavoz parlamentaria anunciou que entre as iniciativas que o BNG levará ao Parlamento figura o “uso sociosanitario” do vello Hospital de Lugo e impedir o deterioro do edificio, cinto anos máis.
Dende o BNG, dixo, queremos ofrecer alternativas aos problemas das persoas e o noso labor é o mandato das eleccións polo que faremos unha oposición “seria, rigorosa e construtiva”. Estamos sumando a moitas persoas a un proxecto “ilusiónante” e por iso, recalcou, estamos centrados e centradas e dar alternativas e solucións á xente. Estamos nunha etapa nova e recollemos nesta campaña moita ilusión que será o “motor para fortalecer un cambio e un espazo nacionalista”, á vista do que está pasando en Galiza.
Ademais, denunciou que a vella residencia “atopase abandonada” e reclamou o seu uso sociosanitario para acoller o desdobramento do centro de saúde co fin de atender esta área da cidade e crear un centro para persoas maiores dadas de alta no hospital que necesitan un período de tránsito. “ É unha obriga do Goberno galego que Lugo conte con servizos sociais e sanitarios de calidade”.
Finalmente, Rodil explicou que o vello hospital xa contempla nos Orzamentos da Xunta unha partida de 1,8M€ no ano 2012 para crear o Laboratorio de saúde pública que non se chegou a executar.