Congreso

O BNG reclamará no Congreso a prolongación das axudas para o pequeno comercio

Néstor Rego
Néstor Rego propón que se manteñan no tempo o apoio a sectores específicos como os que estan orientados ao turismo -tanto como no comercio como na hostalaría- e que, por tanto, non terán ingresos nos próximos meses.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Goberno central a activar un plan de medidas de apoio e axudas ao pequeno comercio e especialmente a sectores específicos como os que teñen como principal actividade a venda de produtos destinados ao turismo e que non poderán reanudar a súa actividade, aínda que se levanten as restricións resultantes do estado de alarma.

Rego propón que este apoio ao pequeno comercio “se manteña no tempo”, pois a súa actividade principal está dirixida ao turismo e polo tanto “non terán ingresos durante os próximos meses” a pesar da desescalada. Podemos atopar este tipo de comercios en puntos especificos das nosas cidades, como o cidade vella de Compostela ou nas vilas que teñen unha gran afluencia turística, como Fisterra ou Combarro.

O BNG ve que este sector do pequeno comercio que está orientado ao turismo, así como a hostalaría vai sufrir os efectos da crise da COVID-19 durante moito máis tempo do previsto para o desconfinamento paulatino. Néstor Rego sinala que neste caso, e noutros semellantes, dado que o turismo tardará en normalizarse, será necesario que estes autónomos sigan contando con acceso a axudas e medidas de apoio até a total ormalización do sector.

“Non poden darse por finalizadas as axudas unha vez se levante o estado de alarma ou finalice a emerxencia sanitaria, pois iso non significa que a actividade económica se reanude con normalidade nestes sectores” subliña o deputado do BNG.