Congreso

O BNG reclamana no Congreso con urxencia o Estatuto da Industria Electrointensiva

Néstor Rego

A prioridade é manter a actividade economica e garantir os máis de 5.000 postos de traballo que están en risco.

É a primeira iniciativa presentada polo BNG no Congreso nesta lexislatura.

Néstor Rego, deputado do BNG nas Cortes, presentou esta mesma mañá no Rexistro do Congreso unha pregunta escrita dirixida ao Goberno repecto a nova poxa de interrompibilidade que foi publicada no BOE o 3 de decembro do 2019 e que empeora as condicións para a industria electrointensiva.

Ao mesmo tempo o BNG reclama que se aprobe con urxencia un Estatuto da Industria Electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo.

O BNG entende que o Goberno debe ser sensíbel ao feito de que a crise da industria electrointensiva supón en Galiza o risco de perder máis 5.000 empregos neste sector, coa afectación a comarcas enteiras como a da Mariña, Ferrol, A Coruña e a Costa da Morte.

Tampouco entende o BNG como no mes de febreiro o Consello de Ministros autorizou a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do real decreto polo que se regula o Estatuto do Consumidor Electrointesivo, que tiña como obxectivo mitigar os efectos dos custos enerxéticos sobre os grandes consumidores de enerxía. Con todo, 10 meses despois, ese estatuto aínda non foi aprobado e pola contra, o 3 de decembro foi publicada no Boletín Oficial do Estado a resolución do 2 de decembro de 2019, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se aproba a nova poxa de interrompibilidade.

Esta resolución empeora as condicións para a industrial electrointensiva porque reduce a menos da metade a potencia interrumplible na poxa correspondente ao primeiro semestre do 2020 e porque ademas elimina o bloque de 40 MW.

Entende o BNG que é necesario actuar na dirección contraria á que establece esta resolución e que é urxente contar cun Estatuto da industria electrointensiva que con carácter xeral, libere a factura de peaxes que non teñen relación directa co funcionamento do sistema eléctrico: Primas ás renovábeis, custos extrapeninsulares, pagos por capacidade, nucleares e déficit tarifario. O custo destas peaxes deberán ser asumido polos Orzamentos do Estado.

“Non se pode chegar a comprender como sendo Galiza un país produtor excedentario de enerxía eléctrica, os fogares galegos teñan que pagar a factura máis cara do Estado español e teñamos máis de 5.000 posto de traballo en risco de se perder.” afirma Néstor Rego.