O BNG reclama descontos en toda a AP-9

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou a comparecencia da Ministra de Fomento para que explique por que motivo só negociou con Audasa descontos para o tramo Vigo-Pontevedra da AP-9, en lugar de contemplar un programa de descontos para toda a autoestrada.

Ademáis, a deputada nacionalista quer que a titular de Fomento acuda ao Congreso a informar de todos os aspeitos relativos ao Convenio entre Audasa e Fomento, sobre todo no que atinxe á suba do 1% das peaxes da AP-9 durante 20 anos. Rosana Pérez pide á Ministra que explique as liñas política a seguer en relación ás peaxes e medidas para reducir o pago nas vías de alta capacidade.

O programa de descontos ten que ser para toda a AP-9

A deputada do BNG tamén rexistrou unha pregunta parlamentar para saber por que motivo o Ministerio de Fomento non fixo un plantexamento máis ambicioso para que Audasa aprobe un programa de descontos para toda a AP-9. “Coida que se poden recuperar usuarios con constantes aumentos das peaxes e sen programas desconto a similitude dos existentes noutras autoestradas do estado?”.

Rosana Pérez demanda a Ana Pastor que reclame a Audasa descontos para toda a AP-9. Interpela á Ministra de Fomento sobre a estratexia que vai seguer en relación ás peaxes. “Non considera que é hora de abordar o resgate de autoestradas

Que pasa coa N-550?que son fundamentais para a vertebración de territorios como sucede coa AP-9 na Galiza e que carece dunha auténtica alternativa?”.

E dada a situación de deterioro na que se atopa a N-550, quer saber que plantes de mellora vai realizar o vindeiro ano e mellorar a súa seguridade vial.

A parlame

ntar nacionalista alude á negociación que Fomento mantivo con Audasa para aplicar descontos só no tramo Vigo-Pontevedra da AP-9. “A limitación dos descontos aos 30 quilómetros deste tramo é verdadeiramente insuficiente. O plantexamento dos programas descontos debería aplicarse a toda a AP-9, tal e como se fai noutras autoestradas. Sen esquecer que a rebaixa que a empresa Itínere (da que forma parte Audasa) vai aplicar no traxecto Vigo-Pontevedra é incluso inferior á que aplica noutras autoestradas como a de León-Campomanes, ou na de Burgos na AP-1 ou na AP-15”.

Rosana Pérez pón de manifesto que as peaxes da AP-9 son totalmente desproporcionadas e inasumíbeis para os galegos e as galegas, que cada vez máis “optan por circular pola deteriorada N-550 que non está en condicións para absorber tanto tráfico”.

Para a deputada do BNG a actual grave crise e as “nada esperanzadoras perspectivas para o exercicio 2013, debe levarlle a revisar a súa política en relación ás peaxes. Cecáis xa é hora de pensar no resgate de autoestradas de especial importanza como a AP-9 que vertebran todo o territorio de norte a sur, viais que deberían ser recuperados polo Estado e que fosen gratuitos”.