O BNG quere agradecer o apoio recibido á candidatura ás Eleccións europeas
Máis de 600 persoas asinan o Manifesto AVANTE GALIZA apoiando á cabeza de lista do BNG, Ana Miranda
Son máis de 600 persoas as que apoian de maneira explícita a candidatura do BNG para as eleccións europeas do próximo 25 de maio. O proceso comezou coa publicación do Manifesto Avante Galiza, promovido por persoas do mundo sindical, da cultura, educativo, da creación, dos diferentes activismos sociais. Neste primeiro grupo inicial estaban persoas a nivel individual, representativas da cultura, do feminismo, do sindicalismo, dos servizos públicos, como Antón Riveiro Coello, Begoña Caamaño, Belén Bermejo, Esther Martínez Piñeiro, Margarita Ledo, X. Henrique Costas, Anxos Sumai, Elvira Souto, Francisco Castro, Sabela Mouriz, Cipriano Luís Jiménez Casas, Gloria Porto, Adela Figueiroa, Antonia Maio, Xavier P. Do Campo, Ugia Pedreira ou Xurxo Souto. Pasaron a integrar tamén os apoios ao Manifesto representantes de colectivos, como Xosé Collazo, secretario xeral do PCPG ou Mario díaz, secretario xeral da COG.
Este grupo inicial, conformado por cen persoas, foise acrecentando até as mais de 600 que, na actualidade asinaron este manifesto e fixeron público o seu apoio á candidatura de Ana Miranda. Entre estes novos nomes están persoas do mundo da música, como Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarro, Mero; do mundo do teatro, como Quico Cadaval e Pepe Penabade, activistas sociais, culturais e sindicais ou persoas representativas do mundo do ensino como Alfonso Álvarez Cáccamo, Manuel Monge, Verónica Martínez, Xosé Manuel Sánchez Rei, Mercedes Queixas Zas, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Xesús Irago Pereira, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Sofía Rama, Pablo Carracedo, Xesús Veiga ou Cilha Lourenço.
Por outra parte, houbo outros apoios que queremos, igualmente, agradecer nucleados a través doutro manifesto que expresa o apoio á candidatura Os pobos deciden, integrada polo BNG e EH BILDU. Nesta nova relación, integrada por sindicalistas, estudantado, xornalistas, creadoras e creadores, persoas xubiladas e funcionariado están nomes de recoñecido compromiso político e social como os de Xosé Lois Romero Falque, Francisco Sampedro, Dionisio Pereira González, Xosé Francisco Miranda Vigo, Manuel Forcadela, María Rosa dos Anxos Garrido Burgo, Gustavo Luca, Braulio Amaro Caamaño, Marisa Freire Ferrín, Milucho Romero, Alexandre Martínez Pérez, Anxo Benigno López Rodríguez, Alfonso Díaz Andres, Calos Rios, Jesús Estévez Sánchez, Olga Rodríguez Álvarez, Mercedes Caeiro Solar, Sabela Fraga Costa, Beatriz Gómez Amigo, Ánxela Mariño, Celso X. López Pazos ou M Cristalina Rodríguez Domínguez.
Ligazón para poder consultar a totalidade das sinaturas: avantegaliza.wordpress.com