O BNG propón plenos de tres xornadas matinais para optimizar o Parlamento

O Grupo parlamentario nacionalista rexistra un recurso contra o recorte dos dereitos parlamentarios tras o acordo entre PP e PSdG para reducir as iniciativas de BNG e AGE baixo a escusa de que existe un novo grupo, o grupo Mixto

O Grupo parlamentario do BNG rexistrou hoxe un recurso dirixido á Mesa do parlamento para que este órgano “reconsidere o acordo polo que se recortan dereitos parlamentarios”.

O recurso de reconsideración, dixo o portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, tenta anular un acordo que incumpriu todas as garantías procidementais, “non figuraba na orde do día da Xunta de portavoces, nin foi aportada documentación” e as normas foron cambiadas “arbitralmente”.

Jorquera cualificou o acordo de “discrecional e discriminatorio” por aplicar unhas normas para o Grupo popular e o socialista e outras para o resto dos grupos contrarias ao establecido polo regulamento e este prevalece sobre calquera acordo da Mesa porque é “unha lei”.

Cerne do acordo entre PP e PSdeG

O portavoz do G.p do BNG explicou que o acordo obedece a nova composición da Cámara por mor da crise de AGE e a marcha de dúas deputadas para o grupo Mixto, “O BNG, PP e PSdeG non sufriron alteración algunha no seu número de deputad@s” e a novo acordo “atenta contra o pluralismo e dereitos dos grupos parlamentares”.

Contra o acordo, o BNG propón celebrar tres xornadas matinais plenarias, cumprir o artigo 28 para que todos os grupos gocen dos mesmos dereitos.

“que os plenos se desenvolvan en tres xornadas matinais sucesivas” reservando as tardes para outras tarefas parlamentarias. Es nova planificación ordena de maneira máis racional sos debates e a súa cobertura informativa.

Por outra parte, Jorquera tamén defendeu que a ordenación dos debates obedezan a especialización dos temas a tratar en cada xornada, “diferenciando as medidas de impulso e de control ao Goberno”.