O BNG propón un novo marco normativo para protexer a lingua galega
No día das Letras Galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón alerta da situación de “emerxencia” da lingua galega polas “políticas regresivas e deliberadas” dos gobernos de Feixóo e o Partido popular. Neste sentido, lembra que tanto as institucións galegas como internacionais alertaron da “regresión” producida na década de gobernos de Feixóo e esta situación crítica, afirma a nacionalista, require unha nova resposta.
Un novo marco normativo contra o confinamento da lingua galega
O BNG comprométese a poñer “fin ao confinamento” e as políticas que pretenden reducir e marxinar a lingua galega. Nesta liña, Pontón defende “abrir unha nova etapa para o noso idioma é facelo co orgullo de pobo”.
A portavoz nacional do BNG recalcou que detrás da nosa lingua está o progreso e a cohesión social e con ese espírito traballará o BNG para que no futuro contemos “cun novo marco normativo” que desconfine a lingua galega, impide a súa transmisión xeracional e sexa normalización en todos os ámbitos.
Pontón anima a todos os galegos e galegas a participar das iniciativas anunciadas pola plataforma “Queremos galego”, a través das redes sociais e co desexo de “Mil primaveras máis para a nosa lingua”.