BNG propón actuacións inmediatas para salvar VESTAS tras un encontro co comité de empresa no Parlamento
29 de setembro de 2021 (13:59 h.)
Reunión da portavoz nacional, Ana Pontón, co comité de empresa de VESTAS, encontro no Parlamento no que tamén participou o deputado pola Mariña, Daniel Castro. O Bloque trasladou aos traballadores e traballadoras:
- Todo o apoio do BNG, destacando a importancia de que VESTAS que vai haber presión social e política e, nese sentido, a implicación da Xunta debes ser total e rápida.
- Iniciativas no Parlamento a favor da fábrica. É clave concretar un calendario da mesa de negociación, de nada vale senón se actúa con rapidez, antes da reunión prevista coa dirección da empresa o día 6 de outubro.
- Paralizar o ERE extintivo que ameza con despedir a todo o cadro de persoal.
- A portavoz nacional, Ana Pontón, chama a atención sobre o feito de que, en pleno bum eólico, se anuncie o peche unha empresa do sector, que ademais recibiu moitas axudas públicas. Pide vincular a instalación de novos parques a proxectos industriais e que á fabricación dos compoñentes en Galiza.