O BNG pregunta no Parlamento que medias adoptará a Xunta para cumprir a sentenza do TSXG

Tribunal Superior de Xustiza de Galiza

 Ana Pontón considera “lamentable” que a Xunta   vulnere a legalidade e acordos en materia de normalización lingüística e sega ao servizo dunha "cruzada antigalega"

A deputada do BNG, Ana Pontón rexistra unha pregunta parlamentaria sobre as medidas que adoptará a Xunta para executar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza relativa ao Decreto do plurilingüismo.

Pontón lembra que o TSXG ditou sentenzas relacionadas con diversas denuncias que declaran ilegais aspectos vertebrais do decreto pero o Goberno galego, lonxe de acatalas “burlouse” e negouse a executalas.

A deputada asegura que os obxectivos do decreto para reducir a presenza do galego no ensino están producindo un grave prexuízo contra a lingua galega e a súa aprendizaxe.

Pontón preguntará en sesión plenaria, qué actuacións vai a adoptar a Xunta para dar cumprimento ás sentenzas relacionadas co decreto do plurilingüismo.