O BNG pregunta en Europa pola exclusión de Cabo Fisterrra do Selo de Patrimonio europeo

Ana Miranda presenta unha iniciativa sobre as causas polas que este enclave galego non superou a avaliación do Comité de expertos e defenderá incluír o Cabo Fisterra no Selo Oficial de Patrimonio europeo

A portavoz do BNG en Europa presenta unha iniciativa ante a Comisión europea sobre as razóns que levaron a exclusión do cabo Fisterra do Selo de Patrimonio Europeo.

A nacionalista pide explicacións á Comisión sobre as causas polas que este enclave galego non superou a avaliación co comité de expertos. Ademais pide tamén pide explicacións sobre as notificacións que recibiron as autoridades e estes promotores da candidatura do Cabo Fisterra para subsanar as deficiencias observadas e adoitar as posibles recomendacións.

Ana Miranda tamén quer saber se existe a posibilidade de revisar desa decisión, para corrixir as posibles deficiencias e non descartar definitivamente a un dos cabos máis importantes de Europa dende o sentido cultural e de trafego marítimo, para acceder ao Selo do Patrimonio Europeo.

O Selo europeo distingue os lugares de grande relevancia para a historia, a cultura e a integración europea

O Selo de Patrimonio Europeo, explica a nacionalista, distingue os lugares de importancia para a historia, a cultura e a integración europea. Esta distinción foi promovida en 2006 coma unha iniciativa intergubernamental que aglutinaba a dezaoito Estados Membros. Coa aprobación da Decisión nº 1194/2011/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 16 de novembro de 2011, pola que se establece unha acción da Unión Europea relativa ao Selo de Patrimonio Europeo, este selo adquire a consideración de iniciativa oficial da UE.

Fisterra, enclave xeográfico privilexiado

“O prestixioso enclave xeográfico do Cabo Fisterra”, cuxo valor simbólico radica na súa condición universal coma un dos cabos do mundo, parte da historia da navegación, e resulta un referente xeográfico e cultural do continente europeo. O Cabo Fisterra gozou da distinción coma “Patrimonio Europeo” dende o ano 2007, xunto a outros 30 bens culturais europeos, abonda Miranda.

A partir do 2011, unha vez que se aproba a Decisión nº 1149/2011/UE, os lugares distinguidos con este selo debían achegar unha serie de memorias de planificación con propostas de actuación, para garantir o cumprimento das novas esixencias de acción da Unión Europea e poder así consolidar oficialmente do recoñecemento, baixo a denominación de Selo de Patrimonio Europeo. A partir dese momento, un Comité Europeo de Expertos Independentes analizaría e supervisaría periodicamente os avances conseguidos por cada candidatura, comprometidos a adaptarse aos novos criterios establecidos mediante as súas propostas de proxectos ou plans de traballo, co fin de garantir a calidade e coherencia co Selo do lugar distinguido.

De comprobarse que o devandito plan de traballo non se cumpría, a Comisión podería excluír as candidaturas. Esta semana chegou a nova de que o Cabo Fisterra foi excluído do Selo europeo, decisión que o Grupo municipal do BNG de Fisterra trasladou de maneira urxente ao pleno.

Ana Miranda defenderá en Europa que o cabo de Fisterra sexa incluído no Selo de Patrimonio Europeo.