O BNG pide á Xunta que vixíe a operación de Alcoa, tras a venda da maioría do accionariado de Parter
Noa Presas reclama activar todas as alertas e afirma que, a día de hoxe, os traballadores non contan con ningunha información sobre as previsións de futuro da empresa
Pide unha mesa de seguimento de Alcoa e apostar polo mantemento dos postos de traballo
Noa Presas, membro da Executiva nacional e portavoz de Industria do BNG pide á Xunta que supervise a operación de Alcoa coa venda da maior parte do accionariado de Parter ao fondo riesgo, aproveitando a crise do coronavirus.
A nacionalista reclama “responsabilidade” ao goberno galego ante unha situación que debe activar “todas as alertas”. Por outra parte, asegura que a día de hoxe, os traballadores de Alcoa descoñecen a operación fraguada dende hai meses e que agora se materializa aproveitando “a crise do coronavirus”.
Estamos nun momento no que a pandemia do Covid-19 afecta gravemente á industria galega e o sector precisa de apoio e unha resposta inmediata do Goberno galego polo que reiterou a necesidade de crear una mesa de seguimento sobre a actuación de Alcoa con “transparencia” e apostando polo mantemento dos postos de traballo e do sector industrial. “Esta debe ser a prioridade” e a Xunta non pode permanecer máis tempo ausente, recalca Noa Presas.