BNG pide á Xunta que impida a "especulación" dos terreos públicos do Porto da Coruña
A deputada do BNG, Mercedes Queixas preguntou ao goberno si está disposto a apoiar a venda de terreos portuarios públicos do Porto da Coruña patrocinando “a especulación” e aceptando o agravio comparativo co Porto de Valencia.
A parlamentaria lembrou que na última sesión plenaria, celebrada na Cámara galega, o BNG defendeu unha proposta co fin de instar á Xunta a buscar unha “saída” a difícil situación do porto da Coruña, un porto de interese do Estado e motor económico da cidade e comarca. O porto, explicou a nacionalista, vive unha “regresión económica” e reduciu significativamente a súa participación no conxunto dos portos do Estado. Neste sentido, sinalou que “mentres os tráficos portuarios coruñeses decrecen nun 11.5%, no resto de España aumentan máis dun 20,7%”.
O actual do Porto da Coruña, explicou Queixas, está condicionado por unha débeda acumulada de 302 millóns de euros, dos que 200 son con Portos do Estado, derivados da construción do Porto Exterior no que se se gastaron 1.000 millóns de euros e deixándoo incomunicado sen camiño de ferro. Agora, o Estado pretende que se responsabilice a Xunta do pago da débeda e acceso ferroviario, asumindo como propias “as consecuencias dunha pésima xestión da Autoridade Portuaria”.
Mercedes Queixas aludiu ao acordo parlamentario aprobado “por unanimidade”
para demandar a licitación do acceso ferroviario do porto exterior de Punta Langosteira, antes do vindeiro mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes e a condonación da débeda con Portos do Estado, sen embargo, a información traslada nos últimos días polos medios de comunicación anulou, en certa medida, o acordo parlamentario, de aí, a presentación da pregunta urxente sobre si a Xunta de Galiza esta disposta a apoiar e avalar a venda de terreos portuarios públicos do Porto da Coruña patrocinando a “especulación” e aceptando o agravio comparativo co Porto de Valencia
Tras a resposta da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez a nacionalista recalcou que a construción do Porto Exterior foi “unha decisión do Estado” e compete ao estado responder das súas decisións.
A Coruña e Galiza non están en débeda co Estado
A deputada pediu á conselleira non desvirtuar con operacións de mercadeo de despacho rápido o acordo público desta cámara a través dun pacto secreto e “moi cómodo”, entre PP-PSOE, ironizou. Este pacto persegue lexitimar unha renovada hipoteca para os galegos e galegas a costa e sacrificio do futuro da fachada marítima da Coruña.
“A Coruña e Galiza non estamos en débeda co Estado. O Estado está en débeda coa Coruña e Galiza”, reiterou Queixas.
Por outra banda, sinalou que Feixóo renuncia a condonación da débeda e o Ministro español socialista condiciona o pagamento da débeda á venda dos terreos públicos do porto. Para a nacionalista, “especular coa venda implica unha nova submisión de Feixóo e o PP ao goberno do Estado”.
Licitar o acceso ferroviario é obriga do Estado para concluír o porto exterior. Condonar a débeda do porto da Coruña é obriga do Estado e Galiza non vai permitir un novo agravio comparativo co porto de Valencia.
“Déixense de atracos pactados PP-PSOE liderados por Feijóo e cumpran os acordos parlamentarios co pobo galego”, sentenciou a deputada.