O BNG pide o PP que abandone a hostilidade e volva ao Plan de Normalización Lingüística
Ana Pontón defendeu unha Proposición non de lei contra a discriminación do galego na conmemoración dos dez anos da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
Pleno- A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu unha Proposición non de lei ao fin de instar á Xunta a cumprir coas resolucións aprobadas, por unanimidade, na Cámara galega o 21 de setembro de 2004 relacionadas coa aplicación e seguimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, avaliar o control do PXNLG informando con regularidade ao Parlamento e presentar ante esta institución a programación anual sobre o desenvolvemento das medidas incluídas no Plan.
O galego é unha oportunidade e ábrenos ás portas a unha das linguas máis faladas no mundo
A parlamentaria principiou a súa intervención lembrando que hai dez anos, nesta Cámara , producíase un "acordo e votación histórica". Todos os deputados e deputadas aprobábamos o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, un documento que era moito máis que 200 páxinas e 445 medidas. Era a esperanza para promover un cambio e impedir o esmorecemento e discriminación da nosa lingua.
Neste sentido, asegurou que a discriminación do galego é un feito obxectivo, érao no 2004 e a situación no 2014 non é mellor, só hai que intentar vivir un día en galego para constatalo polo que preguntou as bancadas dos populares se o PP vai manter a política de desprezo e ataque á lingua ou está disposto a retomar o consenso que supuxo o documento aprobado no 2004.
Resucitar o PXNLG dez anos despois
Cúmprense dez anos do Plan e desde o BNG non queremos que hoxe sexa a data na que asistimos ao seu velorio, non queremos poñerlle unha coroa de flores. Queremos que hoxe, 23 de setembro, resucitemos o Plan e acordemos levar adiante as medidas contidas no mesmo.
A parlamentaria pediu a Núñez Feijóo que rectifique a súa política lingüística que viola as leis e dereitos humanos fundamentais e representou o maior e grave ataque o Plan de Normalización Lingüística en Galiza.
Pontón lembrou o gran retroceso da presenza e uso do idioma galego no ensino, sanidade, xustiza, medios de comunicación e mundo da empresa mentres o actual goberno segue incumprindo medidas como: a obriga de coñecer a lingua galega para acceder á docencia en Galiza, garantir a oferta educativa en galego nos primeiros treitos educativos, fomentar a dobraxe e o cinema, acordos cos diarios de maior tirada para ir aumentando a presenza do galego ou o cumprimento dos cargos públicos de relacionarse no idioma de Galiza cos seus administrad@s.
A deputada rematou reivindicando as medidas do PXNLG e a súa execución porque o galego é unha oportunidade, ter lingua propia é unha riqueza e ábrenos as portas a unha das linguas máis faladas no mundo.
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman","serif";}
Pola súa parte, o portavoz do PP, Agustín Baamonde anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista porque, ao seu xuízo, o Plan de Normalización Lingüística "xa se está a aplicar" ao que a deputada replicou que se o PP cumpre a Lei por que os tribunais de xustiza din o contrario?. O decreto, explicou Pontón foi censurado por "ilegal" polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, vostedes "vulneran a legalidade vixente, o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística", sentenciou a parlamentaria.