O BNG pide non recorrer a sentenza que condena ao SERGAS por neglixencia contra unha muller que perdeu o útero
- A deputada do BNG, Olalla Rodil reclama, a través dunha proposición non de lei, que o Goberno asuma as consecuencias da neglixencia do SERGAS e crear dous centros de referencia no Norte e Sur de Galiza con persoal sanitario especializado na atención da Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE)
A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil rexistra diversas iniciativas nas que insta ao Goberno galego a non “recorrer a sentencia xudicial” que condena por neglixencia ao SERGAS no caso dunha muller da Mariña que perdeu o útero e a sumir como xa fixo publicamente o presidente, Núñez Feijóo, “as consecuencias desa actuación neglixente”.
A maiores, a nacionalista reclama crear dous centros no Norte e Sur de Galiza para a atención da Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE) así como garantir os protocolos internacionais sobre “Dereitos Sexuais e Reprodutivos”.
Por outra parte, Rodil considera necesario dotar aos concellos do medio rural de profesionais de xinecoloxía nos centros de Información Familiar de referencia para que as mulleres son sexan discriminadas polo lugar no que viven.
A deputada do BNG lembra que a Plataforma galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña rexistrou no Complexo Universitario unha denuncia polo incumprimento dos protocolos sobre a atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2ª trimestre do seu embarazo.
Un deses casos, engade a deputada, sucedeu na Mariña tras a denuncia dunha muller que quedou sen útero tras practicarlle un aborto euxenésico nunha clínica privada madrileña coa que a Xunta mantén un convenio para as interrupcións do embarazo.
Para nacionalista, este caso pon de relevo as precarias condicións nas que se están a levar a cabo os abortos en Galiza a partir do segundo trimestre de xestación e pon en grave risco á saúde das mulleres que se someten a eles como reflicte a propia sentenza que condena ao SERGAS