O BNG pide no Parlamento como "protesta simbólica" retirar as bandeiras da U.E das Institucións

A deputada do BNG, Ana Pontón fai un chamamento á participación da cidadanía galega nas mobilizacións  en defensa dun “trato humanitario e xusto” aos refuxiados e refuxiadas.

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón cualificou de “indigno” a trato ás persoas refuxiadas e a afirmou que a Unión europea está a vulnerar os dereitos humanos e a legalidade internacional ademais de ser “unha pata” para o auxe de políticas xenófobas e racistas no conxunto de Europa. Neste sentido, anuncio que o BNG proporá “en sinal de repulsa e como acto simbólico” a retirada de todas as bandeiras da Unión Europea das institucións e edificios públicos.

 Retirada das bandeiras da U.E como protesta  simbólica contra o trato ás persoas refuxiadas

A parlamentaria considerou que retirada das bandeiras da U.E é unha medida máis de presión fronte unha política que vulnera a legalidade pero tamén “a xustiza, a humanidade e os valores que deben impregnar calquera sociedade democrática”. As políticas imperialistas dalgúns países da propia Unión europea e de EE.UU, recalcou a deputada, “arrasan poboacións enteiras e provocan un drama humano inaceptable á altura do século XXI”.

 O grupo parlamentario do BNG mantén nos seus escanos un cartaz baixo o lema “NON AO ACORDO DA UNIÓN EUROPEA E TURQUIA PARA EXPULSAR ÁS PERSOAS REFUXIADAS”