O BNG pide explicacións no Congrso polos ataques a presos palestinos nos cárceres israelís

Presos palestinos nos cárceres israelís

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérex denuncia que os prisioneiros palestinos están sometidos a “unha flagrante vulneración dos seus dereitos” polo que pregunta ao Goberno, como membro do “Consejo de Seguridade das Nacións Unidas, polas accións emprendidas ante o Goberno de Israel sobre a conculcación dos dereitos humanos que sofren máis de 6.000 presos nos cárceres israelís

 A parlamentaria do BNG no Congreso dos deputados, Rosana Pérez formula unha pregunta sobre o ataque a 30 presos palestinos entre os que se encontraba líder do FPLP, Ahmad Saadat, por parte dos gardas do cárcere israelí de Nafha o pasado 28 de xullo.

A deputada pregunta se as detencións “administrativas” de miles de palestinos polas forzas israelís motivaron algún tipo de protesta o manifestación de rexeitamento do Goberno do Estado ante as autoridades israelís ou internacionais.

Rosana Pérez tamén pregunta polas accións do Goberno , como membro del Consejo de Seguridade de las Naciones Unidas, contra as agresión inflixidas aos prisioneiros palestinos nos cárceres israelís e a vulneración dos dereitos humanos que supoñen tales agresións.

A deputada lembra que o pasado mes de novembro tivo lugar un “pronunciamento unánime” do pleno do Congreso dos deputados en favor do recoñecemento de Palestina como “Estado independente”.

Finalmente, a parlamentaria nacionalista preguntará ao Goberno se está disposto a levar o acontecido ante a Unión Europea a fin de pedir explicacións a autoridades israelís.