O BNG pide a dimisión do director do IGAPE por incompetencia para garantir o futuro de ISOWAT

Mini
Xosé Luís Rivas lamenta a “inacción da Xunta” e pide a dimisión do director do IGAPE, Juan Cividades por incompetente
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas preguntou hoxe ao goberno galego que fixo durante todo este tempo para garantir os postos de traballo e a actividade en Isowat-A Coruña así como polo fortalecemento do sector industrial e o papel do Igape no futuro da industria da Coruña e a súa comarca.

Tras a intervención do director do IGAPE, Juan Cividanes, o nacionalista replicou que neste momento, si algo vale Isowat é polo seus traballadores  e non polas xestións do IGAPE para garantir o futuro da empresa. “Dende o BNG pedimos a súa dimisión inmediata” porque non serve para nada. Vostede, remarcou, Rivas, ven ao Parlamento a “tomarnos o pelo” e ten a obriga de responder sobre o que fixeron ou que propostas defenderon. “Dimita agora mesmo e faga algo en beneficio deste país”, recalcou o deputado do BNG.

Na súa intervención Rivas (Mini) tamén  criticou que mentres a banca era rescatada polo goberno galego, este deixaba esmorecer o tecido industrial, agora dixo, é o momento de que pasen factura á banca para defender o sector industrial galego  e dar resposta a todos eses traballadores que reclaman na rúa o que lles pertence.

O deputado replicou ao director do IGAPE ampararse na economía de  mercado para non dar unha solución a Isowat cando en realidade o que se está a facer é tapar “o pelotazo urbanístico” que supuxo a compra de Isowat e 10 anos de desmantelamento como recoñecía o propio administrador concursal. Esa é a economía de mercado que defende o Partido popular galego?, preguntou porque o Partido popular de Castela-León debe ser de esquerdas e contrario a economía de mercado ironizou, xa que foi quen de actuar  garantindo que Made de Medina del Campo sexa operativa a principios de ano mantendo a actividade industrial e os postos de traballo.