O BNG pide que compareza a conselleira de Educación para aclarar a situación do alumnado de 2º de BAC
A deputada Olalla Rodil pide á conselleira claridade sobre os contidos exixidos na proba de acceso á universidade
Rodil denuncia a fenda dixital que prexudica gravemente ao alumnado en Galiza e reclama “unha resposta” sobre a data real das oposicións
A deputada do BNG, Olalla Rodil asegura que é positivo facilitar a promoción do alumnado avaliando só os contidos impartidos de maneira presencial e que na terceira avaliación “só sexa reforzada a materia dada”.
Aledámonos de que os acordos adoptados onte na Conferencia sectorial de Educación, afirma a nacionalista, vaian na liña do que vimos defendendo desde o BNG e tamén a comunidade educativa e lamenta que o confinamento evidenciara a enorme fenda dixital e económica que existe en Galiza, circunstancia, ao seu xuízo, que “en ningún caso debe prexudicar academicamente ao alumnado”.
“A Xunta non pode seguir botando balóns fóra” e por iso insistimos desde o BNG en que a conselleira de Educación debe comparecer no Parlamento como solicitamos hai máis dunha semana”, neste sentido, considera “urxente” que a titular de educación aclare a situación do alumnado de 2º de BAC e sobre todo os contidos que serán avaliados nas probas de acceso á universidade. Rodil reclama que a Xunta de Galiza remate coa incerteza sobre as oposicións e pide que sexan aprazadas ao ano 2021.
O BNG pide aprazar as oposicións ao ano 2021
“Desde o BNG seguimos a defender que as oposicións sexan aprazadas ao 2021 garantindo a a oferta e mesmo a ampliación de prazas incluíndo aquelas que fixe a taxa de reposición”, recalca a deputada do BNG.