O BNG pide ao titular de Educación que rectifique e cese coa “política de recortes” no ensino público
O portavoz de educación, Manuel Lourenzo acusa a Román Rodríguez de “cinismo político” e dunha nova “labazada” ao ensino público cunha avanlancha de recortes que prexudicará gravemente ao alumnado
O BNG advirte dunha “avalancha” de recortes en Educación e pide ao conselleiro, Román Rodríguez que rectifique.
Para o portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo, o conselleiro de Educación amosa a súa faciana máis “cínica” cando ao mesmo tempo, louba o labor do profesorado durante a pandemia e non dúbida e dar unha nova “labazada” ao ensino público con máis recortes. Faino de maneira “raposeira” aproveitando o verán para comunicar recortes sen precedentes.
Os datos trasladados dende as xefaturas territoriais e as inspeccións aos centros de ensino, explicou o deputado, revelan recortes en todos os niveis educativos e no caso da secundaria poñen as centros nunha situación límite, “435 prazas respecto do curso pasado e de 189 en comparación con hai dous anos” ao que sumou a supresión de 109 unidades no ensino infantil e primaria.
Día tras día, reiterou, chegan noticias de máis recortes nos centros galegos, dende Fisterra até a illa de Arousa ou centros como o María Soliño de Cangas que dun día para outro queda con 42 de 49 profesores.
Dende o BNG, dixo, esiximos unha rectificación pública do conselleiro porque os cursos de pandemia tiveron consecuencias no alumnado e para recuperar o tempo e superar as dificultades precisamos medios e persoal. A consellería, remarcou o, non pode permanecer “desaparecida” ante o comezo dun curso que se presenta difícil por mor da pandemia.
“O profesorado e a comunidade educativa non merecen este trato. Pero moito menos merece que despois de todo o que pasou durante este curso se nos diga que volvemos á senda privatizadora do ano 2019” e que Educación nos comunique que debemos ter como referencia ese ano coa desaparición de 1.334 profesores do ensino público segundo datos da propia consellaría. Un recorte, remarcou, do 4.21 % do profesorado do ensino público mentres foi incrementado nun 5.25 % o profesorado no ensino privado, e preto do 6% o profesorado do ensino concertado.
Non existe ningunha razón para non reducir as ratios nin para seguir cunha política continua de recortes no ensino público galego, recalcou. Dende o BNG reclamamos un cambio de rumbo e investir nun ensino forte e de calidade.
O deputado do BNG pide á Consellería de Educación aprender do acontecido no curso pasado para que non se repitan situacións que obrigaron a adiar o inicio do curso escolar.