Congreso

O BNG pide ao Goberno central que aprobe a utilización do medicamento INTERFERÓN Alfa2B contra o coronavirus

Foto: Ariel Cecilio Lemus (Granma)
O deputado Néstor Rego destaca que este medicamento xa foi probado e experimentado con éxito en todo o mundo, así como na provincia chinesa afectada polo  COVID-19,  Wuhan.

O Bloque Nacionalista Galego insta o Goberno a través dunha Proposición non de Lei, a realizar todos os trámites e xestións necesarias para so-licitar do Goberno da República de Cuba a utilización do medicamento denominado  INTERFERÓN Alfa2B Recombinante Humano, que demostrou ser de gran utilidade e eficacia na loita contra o  COVID 19, tanto en pacientes infectados, como na protección do persoal sanitario que atende aos enfermos.

“O medicamento denominado Interferón  Alfa2 B Humano Recombinante, foi creado en Cuba a principios dos anos 80 a partir dunha concepción biomédica orixinal e hase  testado e experimentado con resultados sobresalientes en todo o mundo” destaca o deputado Néstor Rego. O BNG sinala que a capacidade deste fármaco para  aumentar as defensas naturais foi probada nas catástrofes de Nepal, Haití, Irán, Ecuador e México. Na provincia de Wuhan, China, epicentro da pandemia do COVID-19 foi específico e clave para recuperar infectados e tamén moi útil na protección efectiva do persoal médico e sanitario contra o contaxio.

Rego subliña que o feito de que “o goberno de Washington recuse e persiga desde hai 61 anos as ideas, a práctica política, o comercio e as patentes de Cuba, non impediu manter as relacións entre o Estado español e a República de Cuba”. É por iso, que os nacionalistas demandan que, hoxe o Estado Español e a Unión Europea, deben facer caso da eficacia do medicamento e non dos bloqueos, e soliciten utilizar o Interferón  Alfa2 B Humano Recombinante que, que xa está a ser reclamado, como dereito de comercio libre amparado pola lei internacional, por Italia (Lombardía), Colombia, Francia, República Dominicana, Salvador, Panamá, Xamaica ou as Granadinas, entre outras nacións alcanzadas polo coronavirus.