BNG pide ao conselleiro de Cultura que se comprometa cun plan de choque con medidas urxentes para salvar ao sector
A deputada do BNG, Mercedes Queixas interperlou ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez ao que demandou un compromiso e un “plan de choque” para salvar ao sector.
Na súa intervención, a parlamentaria explicou que a situación provocada pola COVID abocou a que o 53,8% de empresas permanezan inactivas, no sector das actividades de teatro e música, salas de espectáculos e auxiliares, o 82,4% continúan sen actividade, o 38,6% das empresas da cultura solicitaron un ERTE e o 60,7 das empresas culturais de Galiza experimentaron unha redución de máis do 50% da facturación nos primeiros meses do ano.
A deputada lembrou que no ano 2019 o goberno comprometeu a Estratexia da Cultura Galega 2021, “un traxe aparente para un corpo demasiado espido” e do que nada soubemos cando o foco apagou as luces dos titulares mediáticos.
Mercedes Queixas acusou ao goberno de perder “credibilidade” e abandonar as súas funcións e preguntou que foi da Lei de Artes Escénicas? Ula Lei de Mecenado? Que foi da Lei do Audiovisual? A onde marchou a revisión da Lei do Libro e da Lectura? Que foi do plan de fomento da lectura pendente desde 2006?
De todos aqueles “anuncios espellismo, daquela estratexia de mercadotecnia narcotizante”, só queda a foto fixa “dun goberno que non está á altura da fortaleza cultural que lle dá identidade como goberno galego”, afirmou.
Pola súa parte, o conselleiro de cultura mostrouse convencido de compartir moitas das inquedanzas e puntos de vista coa nacionalista sobre todo na concepción da cultura como parte fundamental dun país e das persoas que viven dela, en torno a 30.000 en Galiza ao que deputada respondeu que “a pandemia exixe políticas alternativas de viabilidade e sobre todo diálogo co sector”.
“A cultura é segura”, reiterou a nacionalista e lamentou que o sector non contara coa axuda económica que merece como ben esencial. Despois de oito meses, a cultura continua sen ser “estratexia prioritaria do goberno do Partido popular”. As palabras e xestos son “insuficientes” precisamos accións comprometidas.
O pasado mes de xullo, explicou Quixas, o Consello da Cultura publicaba o Barómetro da Cultura galega, unha radiografía das empresas culturais galegas. BNG, confesou, agardábamos que estas conclusión fosen argumentos sólidos para que o Partido popular, de maneira urxente, reactivara o plan de rescate e coidados que precisa o sector pero, unha vez máis, o goberno galego non tivo en conta que a crise da COVID 19 repercutiu gravemente no ecosistema cultural que xa partía dunha “enorme febleza” e que na actualidade, os e as traballadoras autónomas e micro-pemes están afrontando grandes perdas e loitanto pola propia supervivencia.
É necesario actuar porque de non facelo o noso sector cultural sufrirá un “impacto máis severo que o conxunto da economía” polo que volveu a reclamar un “compromiso real” do conselleiro e a posta en marcha “dun plan de choque” porque de momento, recalcou, “ aínda non vimos ningún”.