O BNG pedirá de novo no Parlamento a paralización da planta asfáltica da Limia
A planta vai en contra das necesidades sociais e ambientais
A parlamentaria do BNG, Noa Presas rexistrou hoxe novamente iniciativas na Cámara sobre esta cuestión, trasladando de novo as inquedanzas e demandas de colectivos veciñais e ambientais para paralizar o proxecto dunha planta de produción de mestura bituminosa en quente en Parada de Ribeira, Xinzo de Limia.
Para Presas “é necesario paralizar este proxecto xa que non se dan as circunstancias para que o seu desenvolvemento sexa compatible cos intereses sociais, ambientais e agropecuarios da comarca” hai que ter en conta “a proximidade da poboación de Parada fará que a incidencia do paso de maquinaria, fumes e ruídos incida negativamente na poboación”.
A nacionalista incidiu en que “existen novas circunstancias dende o ano 2014 que xustifican esta demanda como a falta de auga, a reincidencia de incendios ou o agravamento da contaminación da zona, cuestión que esta mesma semana traslada unha delegación do BNG en Bruxellas coa Eurodeputada Ana Miranda, pois afecta ás augas, e hai que recordar que “unha planta asfáltica require importantes recursos híbridos e provocará un incremento de temperatura da zona.”
Ademais recalcou que “non é suficiente que a planta non estea na zona ZEPA de protección de aves, xa que aínda así situase demasiado cerca e pode ter consecuencias negativas”.
Presas reiterou o seu apoio ás máis de 4.500 asinantes contra a instalación da planta e mostrouse convencida que a veciñanza botará abaixo o proxecto do mesmo xeito que conseguiu impedir a tala de árbores da avenida de Celanova “a resposta social e política desde Xinzo foi unánime e resulta lamentable esta fuxida cara adiante dun PP preocupado no Concello e na Xunta das súas escisións que de protexer os intereses da Limia e buscar unha saída á preocupación da xente”.