O BNG parabeniza a iniciativa pola soberanía en marcha que parte de cidadáns comprometidos co pais

Santiago de Compostela, 12 Maio 2013. O BNG expresa os parabéns á iniciativa pola soberanía que está en marcha, unha iniciativa que leva tempo en rodaxe e que nasce do convencimento dun grupo de cidadáns que se resisten á perda de autonomía, e a que os nosos designios sexan rexidos desde fóra. Cidadáns comprometidos con Galiza”.

Persoas de diversos ámbitos. Unha iniciativa necesaria

O BNG saúda positivamente esta aposta cidadán que parte de diversos ámbitos como o cultural, o mundo do deporte, sindical, do asociacionismo, do activismo e da loita contra as inxustizas como a estafa das preferentes ou os desafiuzamentos.

Para o BNG, a iniciativa pola sobernía é “a mostra de que a sociedade está viva e non se conforma co mundo, coa Galiza que se nos está a deixar, especialmente nun contexto como o actual de grave crise económica que está a demostrar que a perda de soberanía e a perda da capacidade de decidir por parte dos pobos, leva a un recrudecemento da crise económica e a un agravamento da probeza”.

A sociedade, sinala o BNG, demostrou que “sabe organizarse e é consciente de que as actuais políticas do neoliberalismo conlevan a transferencia da capacidade de decidir a órgaos e organismos cada vez máis alonxados do punto no que vivimos. Galiza atravesa por unha situación crítica, cunha taxa de paro inasumíbel, cun futuro moi negro para sectores como o naval, a pesca, a conserva, o agro, o leite, e sobre todo, cunha constante marcha da nosa mocidade como cando os nosos avós marcharon para América, ou os nosos país cara Suiza, Alemaña ou Reino Unido”.

 “Os centros de decisión están cada vez máis lonxe, e non temos capacidade de poder planificar os nosos recursos ou os nosos sectores productivos. Por iso, Galiza non pode ficar fóra do proceso soberanista iniciado no Estado, non podemos renunciar a entregar todo o que temos aos de fóra”.

 O BNG considera que a iniciativa pola soberanía “é unha iniciativa ilusionante e esper