O BNG parabeniza a Erguer e transmite total apoio á xornada de folga en defensa do ensino público

Reunión de Ana Pontón e Alberte Mera con responsables de Erguer

O BNG da a benvida a recente creada organización Erguer. Estudantes da Galiza e transmite o seu total apoio da forza nacionalista á xornada de folga que teñen convocada en defensa do ensino público para o vindeiro 13 abril.

Nun encontro entre a portavoz nacional, Ana Pontón, e Alberte Mera da executiva nacional, coas responsables desta organización, Iria Figueroa e Elia Lago, o Bloque transmitiulles a plena coincidencia coa necesidade de seguir batallando contra a denominada Lei Wert e as súas nefastas consecuencias, coa finalidade de garantir un ensino público de calidade, laico e en galego fronte aos ataques da lexislación do PP.

Igualmente, o BNG parabenizou a todos e a todas as estudantes que participaron no nacemento de Erguer, que supón a confluencia de diferentes organizacións do estudantado galego.