O BNG organiza un encontro municipal para combater a exclusión social

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, xunto aos alcaldes, Félix Juncal e Francisco García participará nunha xornada na que os portavoces municipais nacionalistas aportarán experiencias municipais  e alternativas para combater a exclusión social.

O BNG organiza unha xornada de traballo o vindeiro sábado, 4 de maio no Centro Social do Mar de Bueu, ao fin de analizar a situación de exclusión social e relevancia dos servizos sociais nun momento de “grave crise económica”.

Os portavoces municipais do BNG centrarán as súas intervencións na loita contra os desafiuzamentos e o dereito a unha vivenda digna, os problemas en comedores e Banco de alimentos e os recortes de políticas alternativas municipais previstos no anteproxecto de Lei de Racionalización e sustentabilidade da Administración Local impulsada polo Partido popular.

COMBATENDO A EXCLUSIÓN SOCIAL.ENCONTRO MUNICIPAL DO BNG

Centro social do Mar de Bueu, 4 de maio de 2013

Programa:

10:00 horas. Inauguración:

Goretti Sanmartín Rei, responsábel nacional de Implantación e Estratexia Municipal

Félix Juncal, alcalde de Bueu

10:15 horas. A relevancia dos servizos sociais na loita contra a exclusión

Carme Fouces, concelleira-delegada de Servizos Sociais de Pontevedra

10:30 horas. O anteproxecto de lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local

Francisco García, alcalde de Allariz

12:00 horas Intervención de Xavier Vence, portavoz Nacional do BNG

12:30 horas. Movemento social pola vivenda e contra os desafiuzamentos

Francisco Torrente, sociólogo e activista en Stop Desafiuzamentos

Raquel Jabares, tenencia de alcaldía de Culleredo

13:30 horas. Comedores e banco de alimentos

Ana Vérez, traballadora da CIG

Luís Barreiro, traballador social

Ximena González, concelleira no Concello de Ourense

16:30 horas. Organización social da resposta á exclusión

Xosé Manuel Carril, concelleiro no Concello da Coruña

Miguel Fernández, Foro da Inmigración e Plataforma polo Emprego

Iolanda Veloso, concelleira no Concello de Vigo

18:00 horas. Experiencias municipais

San Sadurniño

Carballo

Tomiño

Rianxo

19:00 horas. Conclusións