BNG non tira a toalla e volver levar ao Parlamento a transferencia da xestión da AP-9 a Galiza
Hoxe mesmo rexistrou unha iniciativa para volver reiniciar un proceso que caducou polo boicot político no Congreso do PP e o PSOE
Pontón: “O que sucedeu coa AP-9 é un exemplo da inutilidade das forzas políticas estatais para defender os intereses dos galegos e das galegas”
O BNG levará de novo ao Parlamento galego unha proposta de lei para a transferencia da AP-9 a Galiza, unha iniciativa que caducou polo desinterese e o boicot político no Congreso do PP e o PSOE.
Pontón denunciou que “mentres que a transferencia da AP-9 se aprobou no Parlamento galego por unanimidade, dende Madrid entre uns e outros deixaron que a proposta morrese por inanición”, e recalcou que “isto é unha mostra da inutilidade política das forzas estatais cando se trata de defender Galiza”.
A portavoz nacional indicou que “na última lexislatura, un só deputado do BNG foi máis útil para Galiza que os 23 restantes ao servizo das forzas estatais”, motivo polo que “o Bloque presenta para este 23X unha candidatura de país, que non ten os seus centros de decisión en Madrid e que representa a Galiza e defenderá os intereses dos galegos e das galegas”.
Malia ser autoestrada de titularidade estatal que abrangue unha parte moi importante do territorio galego, a AP-9 continúa a depender do Goberno central, que mantén unha política de peaxes desorbitadas que limitan o acceso a esta vía as persoas con menos recursos. Para poñerlle fin a isto, o BNG rexistrou no día de hoxe unha proposta de lei para acadar a titularidade e transferencia de competencias sobre o desta autoestrada, así como o seu traspaso efectivo de funcións e servizos.