O BNG non asistirá aos actos de proclamación de Felipe VI

O BNG chama o pobo galego a manifestarse nas rúas esta tarde contra a monarquía española e a prol da Republica Galega

En coherencia co posicionamento e co ideario político do BNG, as deputadas no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez Fernández, non asistirán aos actos de proclamación de Felipe VI, que perpetúa a monarquía herdeira do Franquismo.

O BNG chama o pobo galego a manifestarse nas rúas esta tarde contra a monarquía española e a prol da Republica Galega. As concentracións e manifestacións contan co apio do BNG, e tamén por todo tipo de organizacións e entidades de todo o país.

RELACIÓN DE CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS

- A Coruña: 20:00h. Casa Do Mar.

- Ferrol: 20:00h. Praza do Himno Galego.

- Santiago de Compostela: 19:30h. Praza de Praterías.

- Lugo: 19:00 H. diante da Subdelegación do Goberno.

- Ourense: 20:00h. Praza Maior.

- Pontevedra: 20:30h. Praza da Peregrina.

- Vigo: 20:00h. na Cruz do Castro.

- Vilagarcía de Arousa: 20:30h. Praza de Galiza.

- Burela: 20,30h, Praza da Mariña.

- Cangas: 20,30h, diante do Concello.

- O Barco: 20:30h. Praza do Concello.

- Boiro: 20:30h. diante do Concello.

- Noia: 20:30h. diante do Concello.

- Monforte de Lemos: 20:30h, na Praza de España.