O BNG insta á Xunta a tomar medidas contra o Radon en vivendas e Centros públicos

O deputado do BNG, Francisco Jorquera lamentou que o grupo maioritario do Partido popular non apoiara a iniciativa nacionalista amparándose na adaptación dunha nova Directiva europea cun prazo ata o ano 2018

O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe na comisión de Ordenación do Territorio unha proposición non de lei destinada a tomar as medidas precisas para coñecer os niveis de radon nas vivendas e centros públicos co fin de axustalos aos niveis establecidos pola Organización Mundial da Saúde, (OMS).

Tras a intervención do portavoz popular, Jaime Castiñeiras, o nacionalista replicou que a iniciativa propón algo tan elemental, como coñecer os niveis de radon nas vivendas e centros públicos e tomar medidas correctoras. Da intervención do portavoz popular, dixo, “deduzo quen non vai a votar a favor” coa escusa de hai que esperar ao que din os expertos e logo actuar en consecuencia. Neste sentido, Jorquera remarcou que os expertos xa se pronunciaron “a Organización Mundial da Saúde, a Axencia Internacional para a investigación do cancro, a Comisión Internacional para a protección radiolóxica, Comisión Europea, Instituto Eduardo Torroja, Sociedade española de Oncoloxía, e mesmo o Consello de Enerxía Nuclear”. Todos estes organismos, afirmou o deputado, levan advertindo dende hai máis de 30 anos das consecuencias do gas radon, e moitos deles mesmo establecendo “pautas de actuación para minimizar estes riscos”, e vostede responde que a Xunta xa está traballando en estudar como hai que adaptar unha directiva europea cun prazo ata o 2018.

O parlamentario respondeu ao portavoz popular que a Xunta ten competencias en materia de vivenda e no exercicio desas competencias pode tomar iniciativas pero o Partido popular fixo todo o contrario “derrogar as normativas de hábitat que establecían unhas pautas a respecto do gas radon”.

Jorquera reclamou establecer outras normativas para a construción de vivendas novas, “sexan públicas ou non”.

Votando en contra desta iniciativa, reiterou, creo que “se retratan vostedes mesmos”.O parlamentario agradeceu o apoio dos grupos da oposición e recalcou a súa “perplexidade” pola posición do PP, parece que a saúde pública “impórtalles ben pouco”, concluíu.