O BNG insta ao Estado español a impulsar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
Segundo a Carta, ratificada polo Estado español en 2001, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como a sanidade, a educación, a xustiza, a administración, as relación sociais e económicas, a cultura e as relacións transfronteirizas.
O Bloque quere, unha vez máis, facer un chamamento sobre as deficiencias na aplicación da Carta ao respecto do galego no ensino, na sanidade ou nos medios de comunicación, por exemplo. “É contraditorio que o Consello de Europa busque fomentar o plurilingüismo coa conmemoración do Día Europeo das Linguas e que logo nos atopemos con problemas á hora de desenvolver a vida en galego”, sinala Ana Miranda, para quen fomentar o plurilingüismo “ten que traducirse en poder desenvolver a vida en galego”.