Ana Pontón anuncia que o BNG impulsará unha lei no Parlamento para abaratar o recibo da luz, a través dunha “Tarifa Eléctrica Galega”
Cualifica de “indecente” a política das eléctricas e acusa a PP, PSOE e Podemos de consolidar os seus privilexios a cambio de “portas xiratorias”
Lembra que o BNG recolleu máis de 23.000 sinaturas contra a suba da luz e a favor dunha tarifa eléctrica que compense a Galiza como produtora de enerxía
Recrimina o veto de Feixóo á tarifa eléctriga galega durante doce anos impedindo baixar a factura da luz ás familias e empresas
A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón anunciou que o BNG levará, como primeira proposta, ao pleno do Parlamento, unha Poposición de Lei para poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega que baixaría a luz nun 15%.
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación afirmou que a “estafa” que supón a factura da luz conta con dous cómplices necesarios: “o goberno central e Xunta que gobernan para o lobbie eléctrico e contra os intereses de Galiza e da maioría social”.
O recibo da luza rexistra máximos históricos e está a asfixiar as economías familiares, pequenas e medianas empresas e persoas autónomas. Resulta “indecente” recalcou a nacionalista, que as “eléctricas sigan facendo caixa” no medio dunha crise sanitaria e económica sen precedentes pero, o máis “vergoñento” dixo, e que “os gobernos están a permitir esta estafa”. Neste sentido, denunciou que “o Goberno central e a Xunta non moven un dedo para acabar cos privilexios das elećtricas” e manteñen unha das facturas da luz “máis caras de toda Europa”.
O Goberno central e a Xunta, reiterou, “gobernan para o lobbie eléctrico” favorencendo un cambio na factura máis cara e mantendo leis a medida do oligopolio enerxético ademais de promover un boom eólico “depredador” que será unha bomba para o medio rural e só servirá para engordar os beneficios das eléctricas.
Iberdrola, indicou Pontón, gañou no ano 2020, 3.610M€, Endesa, 1.394 e Naturgy, 490 millóns de euros mentres moitos negocios continúan entrado en Erte. Este é un retrato “demoledor para as eléctricas” pero tamén para o “PP, PSOE e PODEMOS que consolidan os seus privilexios”. No Estado español, engadiu a portavoz nacionalista, as eléctricas “teñen un sillón permante no Consello de Ministros e no Consello da Xunta” que lles permite mandar máis “que as propios gobernos, através de portas xiratorias”. Aznarz, González e os exministros e exministras teñen “un salario de escándalo” e ese salario non é a cambio de nada, enfatizou Pontón.
Galiza dobremente prexudicada polas eléctricas
No caso galego, explicou aportavoz do BNG, a “estafa eléctrica e máis aberrante” xa que levamos décadas soportanto os custes ambientais e sociais sen obter beneficios de dúas centrais térmicas, 4.000 aeroxeradores en 106 concellos e 155 centrais hidroélectricas, 45 grandes encoros e 121 minicentrais.
A pregunta que fan moitos galegos e galegas é cal foi a aportaciónde Feixóo para abaratar o recibo da luz nunha Galiza que produce “enerxía a esgalla”. A gran aportación do presidente da Xutna foi vetar durante doce anos unha tarifa eléctrica galega porque como el mesmo afirmou no Parlamento galego, esta “medida non se entendería en Madrid”. Pois dende o BNG, respondemos que hai que acabar cos privilexios das eléctricas e o espolio enerxético en Galiza e poremos en marcha “unha ofensiva institucinal e social para abaratra a factura da luz”.
Pontón insistiu en que unha tarifa eléctrica galega é posible en Galiza como a qeu xa existe noutros paises europeos entre os que destacou: Dinamarca,Suecia, Noruega, Finlandia, Suiza, Alemaña ou Reino Unido, todos estes paises contan cunha tarifa diferenciadas e con prezos máis baratos para as zonas produtoras.
A tarifa elétrica galega é unha medida “xusta, posible e beneficiosa” ademais de compensar a Galiza polo seu papel de gran produtora no Estado español.
“Agardo que o Sr.Feixóo, xa que non fai nada para abaratar a factura da luz, polo menos, non vete esta proposta beneficiosa para Galiza”, concluíu.