O BNG formará parte do Grupo Parlamentario Plural para ter máis capacidade operativa e visibilizar Galiza
20 de decembro de 2019 (10:04 h.)
O obxectivo do BNG é lograr a mellor posición posible dentro do Congreso para asegurar máis posibilidades de defender con eficacia os intereses de Galiza e de todos os galegos e galegas.
Néstor Rego será o portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Plural.
O obxectivo deste grupo é garantir os dereitos de millóns de electores e a operatividade do traballo dos deputados e deputadas, así como da cámara.
Constituiremos o grupo unicamente con criterios operativos e non ideolóxicos, por tanto, funcionará de facto como un grupo mixto, onde cada partido é independente e ten visibilidade propia.
Trátase de desagregar un grupo mixto de 21 deputados e deputadas e 11 partidos diferentes e lograr así máis capacidade operativa e visibilidade para Galiza.