O BNG exixirá modificación da normativa estatal para que a canteira de Casalonga non acabe como un vertedoiro
O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas afirmou hoxe na parroquia de Calo, concello de Teo que “un goberno do BNG na Xunta exixirá a modificación da normativa estatal para impedir que a canteira de Casolonga sexa convertida nun vertedoiro para beneficio das empresas do sector de residuos”.
O nacionalista, acompañado do portavoz municipal de Teo, Manuel Anxo Fernández Baz, explicou que “a empresas Toysal pretende utilizar o plan de restauracion da canteira para colar un vertedoiro”. Pola súa parte, o portavoz municipal reiterou o apoio do BNG ás demandas veciñais e destacou as iniciativas desta forza política defendidas a nivel municipal e no Parlamento galego a través do deputado de Medio Ambiente, Luís Bara.
Fernández Baz incidiu na necesidade de que as “lagoas da canteira formen parte do inventario de humedais de Galiza para condicionar calquera tipo de restauración”.
O candidato nacionalista, Xosé Luís Rivas trasladou á Plataforma Casalonga Limpa, que o “ o BNG non permitira que as canteiras galegas sexan utilizadas como vertedoiros para o negocio de empresas do sector dos residuos”.