O BNG esixe á Xunta a elaboradión unha nova Declaración de Impacto Ambiental na Serra do Oribio
A deputada do BNG, Olalla Rodil preguntou hoxe ao goberno si vai exixir unha nova Declaracion de Impacto Ambiental despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza cualificara a actual de “obsoleta” e medidas cautelares contra a construcción do parque.
Na súa intervención, a parlamentaria destacou que o proxecto do Parque eólico iniciou a súa tramitación a comezos do ano 2004 cunha Declaración de Impacto Ambiental aprobada en 2005, é dicir, “hai 14 anos”.
O parque foi autorizado no ano 2007 e 2009 pero a empresa titular tardou dez anos en iniciar as obras presentano no 2018 un proxecto de modificación para instalar menos aeroxeradores de maior tamaño e potencia e distinta ubicación. Esta modificación, explicou a nacionalista, contou co “visto e prace da Xunta de Galiza” argumentando que se trataba dunha modificación “non substancial.”
As obras comezaron en 2019 no espazo natural da Serra do Iribio, declarado “Espazo da Rede Natura” no ano 2014” ao que a nacionalista sumou a Lei do sector eólico do ano 2009 que prohíbe expresamente contruír parques eólicos nos espazos desta rede que motivou as denuncias da Plataforma Salvemos o Iribio e que TSXG decidira suspender provisionalmente o acordo do Consello da Xunta mentres non se “actualice a Declaración de Impacto ambiental aprobada no ano 2005”. A decisión do TSXG, aseverou Rodil é unha decisión “firme” e sobre a que xa non cabe máis recurso. O Tribunal é claro e conciso na súa decisión cando afirma que “non se pode falar de repotenciación dun proxecto non executado”.
Pola súa parte, a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez respondeu que a Xunta continua agardando o remate do proceso para tomar unha decisión ao que nacionalista respondeu contundente que xa non cabe recurso e polo tanto o parque eólico non debe ser construido nunha serra incluída na Rede Natura e que goza de protección ambiental e paisaxística.