O BNG esixe "modificar a lei" para impedir os cortes de luz a familias sen recursos

A deputada Carme Adán nunha sesión plenaria

Carme Adán defende unha iniciativa no Parlamento pola que insta ao Goberno a iniciar as modificacións lexislativas necesarias para garantir o “subministro eléctrico” das familias en situación de "pobreza enerxética"

A deputada do BNG, Carme Adán rexistra unha Proposición non de lei pola que insta ao Goberno galego a garantir o “subministro enerxético” das familias en situación de pobreza.

No texto, a nacionalista asegura que a "pobreza enerxética  é un dos factores de “vulnerabilidade” de moitas familias galegas nun momento de grave crise  económica e adversas condicións climatolóxicas.

No Estado español, explica Adán na súa iniciativa, o corte de luz por impago durante o ano 2012 foi rexistrado nun millón catrocentas mil vivendas, situación agravada nos meses de inverno que obriga a moitas familias a prescindir das “mínimas condicións de vida”.

En países do noso entorno como Francia foron acotados os cortes de subministro ás familias sen recursos e en comunidades como Cataluña, a Generalitat está a estudar prohibir os cortes de luz a familias pobres.

A deputada do BNG considera que, tendo en conta os niveles de pobreza en Galiza e as condicións climatolóxicas deste inverno fai urxente que o Parlamento galego se posicione fronte esta realidade e inste ao Goberno a iniciar as “modificacións lexislativas necesarias” para garantir o subministro eléctrico das familias sen recursos.