O BNG esixe AP-9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande
15 nacionalistas resultaron retidos e identificados pola Garda Civil por reivindicaren a fin das peaxes.
Con motivo do acto de inauguración da ampliación da ponte de Rande e da suba do prezo da peaxe anunciada para o 2018, membros do BNG mobilizáronse na rotonda do Morrazo para reivindicar que autopista AP-9 sexa pública, galega e gratuíta.
Xunto a Bará congregáronse veciñas e veciños do Morrazo, membros das asociacións veciñais de Teis e de Chapela, membros do BNG e cargos nacionalistas coma alcalde de Bueu, Félix Juncal, e concelleiras e concelleiros de Cangas, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.
Durante a protesta, unha quincena de membros do Bloque se achegaron ao acto de inauguración lucindo o lema “Non á estafa” en alusión á suba do prezo da peaxe que se producirá nos vindeiros días. A Garda Civil, nunha actuación “desproporcionada” segundo denuncian desde o BNG, empurrou e retivo durante máis de media hora a esta quicena de persoas.