BNG designa a Carme da Silva como coordinadora nacional da campaña das eleccións municipais do 28 de maio
O Consello Nacional do BNG nomeou a Carme da Silva como coordinadora nacional da campaña electoral dos comicios municipais do 28 de maio, optando así por unha persoa con ampla experiencia política moi en particular no ámbito municipal, de feito é a responsable da área municipal dentro da Executiva e leva desempeña un papel clave no goberno Pontevedra, formado parte do equipo de Miguel Anxo Fernández Lores que ten convertido á cidade do Lérez nun referente de boa xestión dentro e fora de Galiza.
A formación que lidera Ana Pontón avanza así na súa folla de ruta de cara a cita electoral de maio, despois de que ter aprobado o programa marco, elixidas e presentadas ás persoas que lideran as candidaturas nas sete grandes cidades e de ter aprobado a candidatura, total ou parcialmente, en 161 concellos.
A elección de Carme da Silva deixa as claras que o BNG concede á cita do 28M unha importancia clave para ampliar a súa base social e territorial, apostando por un perfil de gran experiencia en política municipal, representante do modelo de éxito de gobernos BNG, exemplo de gobernos de calidade, de boa xestión, con capacidade de transformar en positivo mellorando a vida das persoas, aportando dinamismo económico e social aos concellos que lidera.
O Bloque desenvolverá unha campaña de proximidade precisamente co aval dese modelo de gobernos municipais de éxito, centrada nos problemas que preocupan á cidadanía nun momento de dificultade marcado pola crise de prezos, que está afogando ás familias e ás PEMES, nun momento de gran preocupación social polos recortes en servizos públicos fundamentais como a sanidade.
De cara a esa cita coas urnas, a portavoz nacional está a ter unha intensa axenda de presentacións de candidatos e candidatas ao longo e ancho do País, deixando claro que o BNG sae a por todas nestes comicios, convencida de que o Bloque obterá un resultado histórico e que será a forza que máis suba, toda vez que as pasadas eleccións galegas abriron un cambio de ciclo político no que a cidadanía lle deu a formación que encabeza Ana Pontón a responsabilidade de liderar a alternativa ao PP.