O BNG denuncia problemas de desprazamento e prezos abusivos do parking do hospital de Vigo
Carme Adán denunciou na Comisión de sanidade as dificultades dos usuarios/as para acceder ao novo Hospital así como os prezos abusivos do parking e Cafetería
Mostrando unha fotografía da multitudinaria manifestación de Vigo contra a privatización e control da xestión do novo hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro, a deputada do BNG, Carme Adán denunciou os graves problemas dos usuarios e usuarias para acceder ao centro sanitario ante a falta de deseño dun transporte público para conectar Vigo co Val Miñor, o Condado e Baixo Miño.
Asemade, a nacionalista asegurou que as persoas que acceden ao hospital en vehículo privado non teñen outra opción máis que entrar no parking do que dixo mantén prezos abusivos. Sobre esta cuestión amosou un tiket por tres horas, 50 minutos por valor de 7,15 euros.
A deputada asegurou que foron 200.000 as persoas que se manifestaron polas rúas de Vigo, aínda que Feijoo sega afirmando que estamos ante o mellor hospital de Galicia.
A nacionalista recordou que no ano 2010 a conselleira Farjas aseguraba que o noso hospital vertebraría a asistencia xeral materno infantil cun alto grao de especialización con 1.475 camas, 1079 dispoñibles para hospitalización convencional, 486 para outras unidades, reanimación, hospital de día, Urxencias, 183 camas para obstetricia 142 camas, 66 para psiquiatría, 160 para pediatría, UCI pediátrica 28 e un total de 255 para unidades polivalentes médicas, 256 para unidades polivalentes cirúrxicas e 376 destinadas a outras unidades. Un ano despois volvía a comparecer Farjas para dicir que o noso hospital de Vigo, ten como obxectivo aumentar o confort y seguridade dos pacientes así como alcanzar as maiores cotas de sustentabilidade na organización das novas estruturas.
Pero en maio do 2012, recalcou Adán, eramos informad@s da perda dun 31% de camas, metros e servizos menos o parking que se mantiña igual, por iso, 200.000 de Vigo, do Baixo Miño, do Condado, e o Morrazo, manifestáronse e preguntaban qué está ocorrendo co novo hospital.
A deputada amosou unha foto dun tiket do parking do hospital de tres horas, 50 minutos polo que hai que abonar 7,15 euros, e outra fotografía co menú da cafetería medio menú 7, 85 e 9,25 menú completo e preguntou se os usuarios/as poden permitirse estes prezos cando acoden a unha consulta ou tratamento.
Adán tamén preguntou por que a empresa que xestiona o parking é ALJAMIL. S.A Paseo de la Castellana nº 140 Madrid, quén está a facer caixa coa nosa enfermidade concluíu.