O BNG denuncia irregularidades nas mesas electorais nesta xornada electoral
A dirección política do BNG manifesta irregularidades nunha mesa de votación na zona de Rairo no Concello de Ourense tras a votación de varias electoras levadas pola dirección da residencia de anciáns. Entre as acompañantes atopábanse monxas e persoal do centro e non familiares das mesmas, que aínda a día de hoxe teñen restrinxidas as visitas á residencia.
Polo que puido saber a organización nacionalista. As votantes acudiron, a través de vehículos levadas por profesionais da residencia, con capacidades físicas mermadas. O BNG fixo constar na acta esta práctica e outras que se desenvolveron na mesa de Rairo para trasladarlle á Xunta Electoral posteriormente esta irregularidades.
Así mesmo, destacaron que as monxas que as acompañaban e o persoal laboral negáronse a que as familias das residentes puidesen visitalas e agora a xerencia mesma está levando a votalos.